A industria láctea FrieslandCampina, con sede en Holanda, garantiza unha subida no prezo do leite para novembro con respecto ao mes pasado: 42,25 euros por 100 kg. Con esta decisión, comeza unha tendencia alcista no valor do leite no país.
Durante este próximo mes, o prezo garantizado aplicarase aos 100 kg de leite con contidos estándar de 3,58 % de proteína, 4,45 % de graxa e 4,54 % de lactosa, sen IVE. Ditas cantidades aplícanse, como vén sendo habitual, a un subministro medio de 925.000 kilos de leite anuais.
O valor da proteína para este mes é de 645,37 euros por 100 kilogramos, e o da graxa, de 430,24 euros por 100 kilogramos.