A primeira subasta de Fonterra en novembro acredita un incremento destacado das cotizacións dos derivados do leite. O índice global de prezos do comercio de produtos lácteos aumentou un 4,8 % respecto á anterior poxa de mediados de outubro e chegou así a unha media de 3.997 $/tonelada.
A maioría dos produtos incrementaron o seu valor. A subida máis destacada foi a da manteiga nun 8,3 % para alcanzar os 6.990 $/tonelada. O leite en po enteiro aumentou a súa taxación nun 4,4 % e chega aos 3.713 $/tonelada. Nunha porcentaxe do 4 % de crecemento están o queixo cheddar (4.973 $/tonelada) e o leite en po desnatado (2.850 $/tonelada).
Nunha medida máis pequena, repunta o valor da mozzarella nun 0,9 %, quedando o seu prezo en 4.607 $/tonelada.