A industria láctea FrieslandCampina, de Holanda, continúa incrementando o prezo garantido do leite aos seus produtores, confirmándose así unha tendencia alcista nestes últimos meses. A suba para setembro é de 1,75 euros por cada 100 kg, chegando aos 51 €/100 kg.
O aumento baséase na expectativa de que os prezos de referencia seguirán aumentando debido á crecente demanda do mercado, así como nun axuste positivo para o período anterior. Cabe destacar que os datos reflicten que o prezo medio garantido para o leite de granxa en 2024 ata agora, incluíndo setembro, é de 47,47 euros por cada 100 quilogramos de leite.
O prezo garantido aplicarase aos 100 kg de leite con contidos estándar do 3,58 % de proteína e 4,45 % de graxa, sen IVE. As cantidades aplícanse a un subministro medio de 925.000 quilos de leite anuais.
En setembro, o valor da proteína é de 779,02 euros por 100 quilogramos e, o da graxa, de 519,35 euros por 100 quilogramos.