A industria láctea FrieslandCampina, con sede en Holanda, incrementa un mes máis o prezo garantido do leite aos seus produtores. O prezo pagado en xullo será de 48,00 €/100 kg, o que supón unha subida de 0,25 euros por cada 100 kg con respecto ao mes pasado. Este incremento baséase nas expectativas de que os prezos de referencia subirán debido aos prezos máis altos dos produtos lácteos.
O prezo garantido aplicarase aos 100 kg de leite con contidos estándar de 3,58 % de proteína e 4,45 % de graxa, sen IVE. As cantidades aplícanse a un subministro medio de 925.000 quilos de leite anuais.
O valor da proteína en xullo é de 733,20 euros por 100 quilogramos; o da graxa, de 488,80 euros por 100 quilogramos.