Continúa a suba do prezo do leite spot en Italia, que alcanza os 56,71 euros por cada 100 litros

Continúa a suba do prezo do leite spot en Italia, que alcanza os 56,71 euros por cada 100 litros

Tras os datos históricos rexistrados durante as anteriores semanas, o prezo do leite spot en Italia volve experimentar novas subidas. Este luns o leite spot enteiro de orixe nacional aumentou o seu valor no mercado de Verona nun 1,9 % e chega aos 56,71 euros por cada 100 litros.

Ademais, a este incremento tamén se suma o leite spot enteiro estranxeiro, que neste mesmo mercado fixa un prezo de 52,58 euros por cada 100 litros, o que significa un aumento dun 5,2 %.