Novo récord anual na poxa de Fonterra

Novo récord anual na poxa de Fonterra

A desta semana volveu a ser unha poxa de grandes cifras en Fonterra. O índice global de prezos do comercio de produtos lácteos alcanzou os 4.290 $/tonelada, un dato que supón unha mellora do 1,4 % con respecto á anterior poxa, que xa marcara a mellor cifra do ano. 

Volveu a ser sobresaliente o incremento do valor da manteiga, que alcanza os 5.791 $/tonelada (+4,6 %). Subiron tamén os prezos do queixo, que chega aos  5.220 $/tonelada (+1,0 %), así como tamén os do leite enteiro en po e do leite desnatado en po, que ao peche da poxa ascenderan ata os 4.008 $/ton (+0,6 %) e os 3.721 $/ton (1,3 %), respectivamente.