Prezo medio de 3.361 $/tonelada na xornada de hoxe en Fonterra

Prezo medio de 3.361 $/tonelada na xornada de hoxe en Fonterra

Na xornada de hoxe, o prezo medio dos produtos sacados a poxa en Fonterra baixou media décima en comparación coa quincena anterior: a media estivo en 3.361 $/tonelada. 

A baixada foi xeneralizada. O produto que máis acusou o descenso foi o queixo (-10,2 %), que ao peche estaba en 4.052 $/tonelada. Descenden tamén o leite desnatado en po (-3,5 %) e a manteiga (-3,0 %), ata os 2.648 $/tonelada e os 4.748 $/tonelada, respectivamente. Máis lixeiro foi o cambio no leite enteiro en po (-1,5 %), que queda nos 3.228 $/tonelada.