Fonterra inicia o mes de febreiro cunha nova subida do índice global de prezos dos produtos lácteos nun 3,7 %, superando a barreira dos 4.000 €/tonelada e situándose cunha media de 4.181 €/tonelada.
O incremento máis destacable na xornada de hoxe foi o do leite en po desnatado, que aumentou o seu prezo un 4,7 % ata rexistrar unha cifra de 2.759 $/tonelada. Sobe tamén o prezo do leite en po enteiro nesta poxa un 4,1 %, acadando os 4.058 $/tonelada, e resaltan, así mesmo, os incrementos do queixo e da manteiga, cuxos valores aumentan un 3,7 % e un 3,4 %, quedando os seus prezos en 4.891 €/tonelada e 7.029 €/tonelada, respectivamente.