A Subdirección Xeral de Producións Gandeiras e Cinexéticas, dependente da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, publicou o Informe de Declaraciónss de Entregas de Leite Cru aos Primeiros Compradores correspondente ao mes de xuño cun lixeiro descenso no prezo medio do leite en España, que chega a 0,478 €/litro mentres que no mes anterior se situaba en 0,484 €/litro.
En canto ao volume de produción mensual, a cifra de leite cru producido no país tamén baixa en comparación co mes de maio. Mentres que en maio se declararon 668.109 toneladas, en xuño a cifra é de 626.668 toneladas.
As comunidades autónomas que conseguiron as medias máis altas este mes foron Canarias (0,626 €/litro), País Vasco (0,519 €/litro) e Asturias e Comunidade Valenciana (0,511 €/litro). Por outra banda, Galicia (0,456 €/litro), Baleares (0,467 €/litro) e Madrid (0,474 €/litro) rexistraron os prezos medios máis baixos.