Repunta o valor do queixo en Fonterra

Repunta o valor do queixo en Fonterra

Lixeiras variacións no prezo dos lácteos na primeira poxa de xuño en Fonterra: o índice global baixa un -0,9 % e rexístrase un valor medio final de 3.399 $/tonelada.

Neste contexto, destaca particularmente o notable incremento do queixo, que sobe o seu valor un 7,4 %, ata os 4.668 $/tonelada. Tamén melloroi o prezo da manteiga nun 0,5 % e ao peche da xornada acadara os 5.088 $/tonelada.

Por outra banda, o leite desnatado en po non sofre variacións e mantense nos 2.755 $/tonelada, mentres que o enteiro en po termina o día nos 3.173 $/tonelada, unha redución do 3,0 % con respecto á poxa anterior.