Repunte no prezo medio do leite en España no mes de setembro

Repunte no prezo medio do leite en España no mes de setembro

A Subdirección Xeral de Producións Gandeiras e Cinexéticas, dependente da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, vén de publicar o Informe de Declaracións de Entregas de Leite Cru aos Primeiros Compradores correspondente ao mes de setembro, no que o prezo medio do leite en España aumentou ata os 0,480 €/litro.

En canto ao volume de produción mensual, a cifra de leite cru producido en España descendeu en comparación co mes anterior. Se en agosto se declararon 600.003 toneladas, no mes de setembro rexistráronse 581.252 toneladas.

Por unha banda, as comunidades autónomas que acadaron o prezo máis alto en setembro foron Canarias (0,631 €/litro), País Vasco (0,522 €/litro), Asturias (0,511 €/litro) e a Comunidade Valenciana (0,509 €/litro). Por outra banda, as medias máis baixas rexistráronse en Galicia (0,458 €/litro), Baleares (0,477 €/litro) e Madrid e Navarra (0,481 €/litro).