O Informe de Declaracións de Entregas de Leite Cru aos Primeiros Compradores que publica mensualmente a Subdirección Xeral de Producións Gandeiras e Cinexéticas, dependente da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, recolle en decembro unha nova subida no prezo medio do leite no conxunto do país.
Neste caso, durante o último mes de 2022 produciuse un aumento dun céntimo por litro a nivel nacional: dos 0,587 €/litro de novembro, chegouse aos 0,597 €/litro en decembro. Así mesmo, a mellora é notable na comparativa cos valores do mesmo período en 2021, cando o prezo medio do leite estaba nos 0,364 €/litro.
Por outra banda, o informe recolle un cambio na tendencia do ano cara á redución no volume de produción e, mentres que en novembro o dato estaba en 573.561 toneladas, pechouse decembro cunha subida que alcanzou as 605.557 toneladas.