A industria láctea FrieslandCampina, con sede en Holanda, sobe o prezo garantido do leite aos seus produtores para decembro 4,06 euros por cada 100 kg. Desta forma, toma forza a tendencia alcista e o prezo pagado o próximo mes será de 46,31 euros por 100 quilogramos, cando en novembro garantiuse unha cifra de 42,25 €/100 kg.
O prezo garantido en decembro aplicarase aos 100 kg de leite con contidos estándar de 3,58 % de proteína, 4,45 % de graxa e 4,54 % de lactosa, sen IVE. Ditas cantidades aplícanse, como vén sendo habitual, a unha subministración media de 925.000 quilos de leite anuais.
O valor da proteína para este mes é de 707,38 euros por 100 quilogramos, e o da graxa, de 471,59 euros por 100 quilogramos.