Prolóngase a tendencia alcista nos prezos dos lácteos na UE

Prolóngase a tendencia alcista nos prezos dos lácteos na UE

O observatorio do mercado do leite da Unión Europea, que ofrece ao sector dos produtos lácteos da UE os datos do mercado e análises a curto prazo, publicou as cifras máis recentes con respecto ao prezo dos lácteos dentro da Unión Europea no últimas catro semanas: os prezos seguen aumentando, o cal confirma a existencia dunha tendencia alcista.

A subida máis destacada, nesta ocasión, foi a da manteiga: un 4,8 % máis, anotando 508 €/100 kg. Tamén ascende o leite enteiro en po (+3,4 %) e o leite desnatado en po (+2,0 %), e rexistran así 365 €/100 kg e 262 €/100 kg, respectivamente. O queixo anota 346 €/100 kg, cun leve descenso do 2,5 %.

O leite spot en Italia, pola súa parte, continúa tamén coa súa suba de prezo: marca 55,8 c/kg na última semana.