Os mercados italianos non frean o aumento nos seus valores e continúan rexistrando cifras de récord. O produto máis destacado da xornada foi a nata, que tivo unha nova suba do 6,6 % respecto á semana anterior, chegando aos 9,65 euros por cada 100 quilos.
Os máximos volven superarse nos valores de compra referentes á produción internacional, cun aumento do 3,4 % respecto á cotización anterior, alcanzando os 62,89 euros por cada 100 litros. No que respecta aos mercados nacionais, os datos tamén seguen en alza e, tras unha mellora do 2,5 % en relación á semana pasada, o prezo de venda do leite spot alcanza os 64,95 euros por cada 100 litros.