Novo aumento xeneralizado de prezos na última poxa de Fonterra, celebrada hoxe. O índice global de prezos do comercio de produtos lácteos alcanzou a 3.824 $/tonelada, unha mellora do 1,7 % con respecto á quincena anterior.
Na desagregación por produtos, o incremento máis destacado é o do leite destanado en po, que rexistra un valor de 2.722 $/tonelada tras un incremento do 3 %. Ségueno o leite enteiro en po e a manteiga, ambos con subidas do 1,7 %, o que os sitúa nun prezo de 3.478 $/tonelada e 6.864 $/tonelada, respectivamente. Máis lixeira é a mellora do queixo: sobe un 0,2 % e chega aos 4.248 $/tonelada.