O índice global de prezos do comercio de produtos lácteos apenas diminuíu na xornada de hoxe en Fonterra con respecto á anterior quincena: un -0,1% menos, ata os 3.393 $/tonelada.
Destacan especialmente os valores do queixo e do leite enteiro en po. O primeiro rexistrou unha suba importante, do 4,0%, e chega a un prezo final de 4.871 $/tonelada. O leite enteiro en po mellora un 0,1%, que rexistra este martes 3.218 $/tonelada.
Por outra banda, baixan lixeiramente os prezos da manteiga (-0,6%) e do leite desnatado en po (-0,3%), ata os 4.449 $/tonelada e os 2.842 $/tonelada, respectivamente.