A poxa de hoxe de Fonterra viviu unha suba nos seus prezos tras un lixeiro descenso hai dúas semanas. O índice global de prezos do comercio de produtos lácteos aumentou un 0,8 % respecto da poxa pasada e alcanza así unha media de 3.883 $/tonelada.
O incremento máis destacable na xornada de hoxe foi o da mozzarella, que aumenta o seu prezo nun 4,5 % e alcanza os 5.351 $/tonelada. Sobe tamén o prezo do queixo nesta poxa un 2,9 %, ata acadar a cifra de 4.441 $/tonelada. Cómpre resaltar tamén nesta ocasión o incremento do valor do leite desnatado en po, cun aumento do 2,2 % (2.809 $/tonelada).
O leite enteiro en po alcanza os 3.448 $/tonelada, cunha suba do 1,5 % en comparación coa poxa anterior. Só a manteiga sofre un leve descenso, do -1,7 %, e queda nun prezo de 6.546 $/tonelada.