A poxa de hoxe de Fonterra viviu unha notable subida nos prezos. O índice global de prezos do comercio de produtos lácteos aumentou un 4,6 % con respecto á anterior poxa e chegou así aos 2.957 $/tonelada.
Nunha xornada na que practicamente todos os produtos aumentaron o seu valor, destaca a subida do leite desnatado en po, que chega até os 2.400 $/tonelada, cun incremento do 5,4 %. Tamén rexistra datos en positivo o leite enteiro en po, cun ascenso do 4,6 %, e anota 2.799 $/tonelada. Ademais, o valor da manteiga anota na poxa de hoxe 4.723 $/tonelada, cun ascenso do 3,8 %.
O queixo, pola súa banda, sofre un leve descenso do -1,7 % con respecto da quincena anterior. Aínda así, marca 4.044 $/tonelada.