Subida histórica do prezo da manteiga en Estados Unidos: un 36 % no último mes

Subida histórica do prezo da manteiga en Estados Unidos: un 36 % no último mes

Durante a última poxa de Chicago o prezo da manteiga situouse nunha cifra récord, de 7.336 euros/tonelada. Este dato revela un aumento destacable do prezo do produto con respecto ao mes pasado, dun 36 %, e situáse así en case 2.000 euros/tonelada.

Ante este panorama, cabe resaltar que en Europa tamén empeza a subir o valor deste produto, aínda que en menor medida. Os últimos datos sitúan o seu prezo en 4.562 euros/tonelada. Outro produto lácteo que tamén comeza a aumentar de valor é o leite en po; no último mes, subiu un 10 % e anotou 2.484 euros/tonelada.

Os motivos desta circunstancia son, principalmente, dous. En primeiro lugar, o descenso da produción de leite nos últimos dous meses: a produción interanual de leite en California, unha das zonas máis importantes e onde se fabricou o 33 % da manteiga estadounidense en 2022, descendeu un 3,7 % en agosto e un 5,5 % en xullo, segundo o informe de produción de leite máis recente do USDA. En segundo lugar e para concluír, cabe resaltar que as reservas de manteiga, actualmente, son baixas.