Esta mañá, a poxa de Fonterra pechouse cun incremento no índice global de prezos do comercio de produtos lácteos dun 2,2 %. O prezo medio acadou os 3,143 $/tonelada.
Volven ser boas as cifras que reporta hoxe a poxa de Fonterra. Destacou especialmente o prezo final da manteiga que, tras perder un 1,4 % do seu valor (3.282 $/tonelada) na poxa anterior, hoxe repuntou ata os 3,561 $/tonelada, un incremento do 8,4 % no seu prezo.
Así mesmo, continúa subindo o valor de mercado do leite enteiro en po, que sobe un 1,7 % con respecto á quincena anterior e anota un prezo final de 3,041 $/tonelada. Máis lixeira é a subida do queixo: aumenta un 0,4 % e alcanza a 3,694 $/tonelada. O leite desnatada en po descende lixeiramente (-0,9 %) até a 2,865 $/tonelada.
O FEGA REXISTRA UNHA SUBIDA NO PREZO MEDIO DO LEITE DO 0,6 % RESPECTO A 2019
O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) tamén publicou o informe de entregas de leite correspondente ao mes de agosto, no que se rexistra un pequeno ascenso do prezo medio no conxunto do país do 0,62 % con respecto ao mesmo período de 2019, cunha media de 0,325 €/litro, invariable en relación ao mes de xullo.
Por comunidades autónomas, alcanzan os prezos máis elevados Canarias (0,423 €/litro), Asturias (0,347 €/litro), País Vasco (0,342 €/litro) e Andalucía (0,338 €/litro). No outro extremo sitúanse Baleares (0,321 €/litro), Aragón (0,320 €/litro), Galicia (0,316 €/litro) e Cantabria (0,313 €/litro).