ESPECIAL: CALIDADE DO LEITE E MUXIDO

A evolución da calidade da produción láctea de Galicia

A evolución da calidade da produción láctea de Galicia

Neste estudo, publicado en Vaca Pinta 39, Roberto Lorenzana e Paula Prado, do Laboratorio Interprofesional Galego da Análise do Leite (Ligal), e Gonzalo Flores, da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal)-Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), analizan a situación actual e a evolución da calidade físico-química e hixiénico-sanitaria do leite cru producido na comunidade galega, de acordo coas seguintes variables: composición en materia graxa, materia proteica e reconto bacteriolóxico e de células somáticas, as cales condicionan en gran medida o sistema de pago por calidade diferenciada dos operadores aos produtores.