Lely presenta o Vector Next: unha nova xeración de robots de alimentación

Lely presenta o Vector Next: unha nova xeración de robots de alimentación

Lely presentou nun evento internacional celebrado nos Países Baixos o Vector Next, o seu robot de alimentación de nova xeración deseñado para satisfacer as demandas de precisión e eficiencia dos gandeiros. Axeitado para ganderías leiteiras, de carne e mixtas, ofrece unha xestión optimizada da alimentación para rabaños de 80 a 800 cabezas.

Grazas a un chasis reforzado, o Vector Next ofrece un 35 % máis de capacidade, ata 800 kg por carga. As súas novas rodas motrices melloran a mobilidade, permitindo ao robot desprazarse con suavidade incluso en pendentes de ata o 8 %. A súa autonomía optimizouse cunha batería de litio máis potente e un supercargador, ofrecendo un 10 % máis de capacidade de traballo.

O Vector Next incorpora conectividade avanzada con transmisión de datos en tempo real a través dunha conexión wifi optimizada. A nova aplicación Lely Control+ e Lely Horizon facilita o control remoto e permite aos gandeiros a supervisión da alimentación do seu rabaño directamente desde o seu smartphone.

Tamén se melloraron a súa seguridade e deseño e, ademais, agora o Vector Next empurra o forraxe cara á dereita e cara á esquerda. Con esta nova máquina, Lely ofrece unha solución que combina potencia, conectividade e versatilidade, permitindo aos gandeiros mellorar a produtividade das súas explotacións e aforrar tempo.

A primeira exposición mundial do Vector Next terá lugar na Figan de Zaragoza a próxima semana: unha oportunidade para descubrilo en exposición e obter unha explicación detallada do produto durante a feira.