O Observatorio Europeo do Mercado do Leite acaba de facer públicos os datos relativos aos prezos medios de venda do leite cru nas explotacións agrícolas dos países membros da Unión Europea durante o mes de novembro, os cales apuntan cara a un aumento do seu valor dun 1% con respecto ao mes de outubro, acadando os 3,540 €/kg.
Así mesmo, tamén subiu o prezo do leite desnatado en po (+0,7%, ata os 2,21 €/kg) e o do leite enteiro en po non sufriu variacións.
Doutra banda, baixa lixeiramente o valor da manteiga (-0,3%, ata os 3,36 €/kg) e o do queixo (-1,4%, ata os 3,08 €/kg), datos, no entanto, predicibles tras a sucesión de subidas xeneralizadas dos seus prezos que se viñeron rexistrando nos últimos meses.