Soben os prezos na xornada de hoxe en Fonterra

Soben os prezos na xornada de hoxe en Fonterra

A poxa de Fonterra viviu nesta terceira semana de xullo un aumento xeneralizado no índice global de prezos de produtos lácteos. A subida é dun 0,4 %, alcanzando os 3.837 $/tonelada.

Destaca o incremento do valor do queixo, nun 6,2 % (4.217 $/tonelada). Tamén rexistra unha cifra significativa a manteiga, cun prezo de 6.606 $/tonelada e cunha subida do 0,8 %.

Pola súa parte, o leite desnatado en po anota na xornada de hoxe un prezo de 2.566 $/tonelada, e o leite enteiro en po marca un valor de 3.142 $/tonelada, o cal supón un descenso do 1,1 % e do 1,6 %, respectivamente.