O mercado gandeiro de Chantada foi, un ano máis, o lugar escollido para a celebración esta mañá dunha nova edición da poxa de gando frisón da localidade. Organizada por Africor Lugo en colaboración co Concello de Chantada e a cooperativa Aira, puxéronse á venda un total de 15 animais.
Deuse saída a todos as vacas e xovencas sacadas a pista, o volume de facturación chegou aos 42.250 euros, cun prezo medio de 2.817 euros e, de entre todos os exemplares, Carballo de Baixo Goal Faísca, presentado pola gandería Carballo de Baixo (Sarria, Lugo), foi o que alcanzou o maior prezo de venda: foi vendido á gandería Pena Guisande (O Paramo, Lugo) por 4.050 euros. O resto de reses foron adquiridas por ganderías da provincia de Lugo e da zona de Lalín (Pontevedra)
Así mesmo, todos os compradores recibiron, por cortesía de Xenética Fontao, tres doses de Gigantic e tres de Gabrielle por cada animal adquirido na poxa.