O xuíz Kenton Lindenbach (Canadá) acaba de sinalar á xata 7978, unha filla de Bullseye, propiedade de Ferreira & Miranda, Exploração Agropecuária, Lda (São Vicente Ferreira, Ponta Delgada), como xovenca gran campiona do Concurso da Raza Holstein Frisia de Azores. O certame, que se está celebrando esta fin de semana na illa de San Miguel, continuará mañá coas seccións de vacas e poderá seguirse en directo desde vacapinta.com.