Revelados os nomes dos gañadores dos VIII Premios Exceleite

Revelados os nomes dos gañadores dos VIII Premios Exceleite

Vén de celebrarse a hoxe a oitava edición dos Premios Exceleite á Excelencia Hixiénico-Sanitaria das Explotacións Leiteiras de Leite Cru de Vaca, un evento que volveu poñer en valor o traballo e compromiso dos gandeiros galegos coa calidade e a sustentabilidade. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, encabezou o acto de entrega, acompañada de altos cargos da Xunta e da delegada territorial na Coruña, Belén do Campo.

Nesta edición dos Exceleite foron galardoadas as seguintes ganderías:

 

Gandaría Intensiva de Pequeno Tamaño:

  • Ouro: Concepción García Pereira (Frades, A Coruña)
  • Prata: María del Pilar Iglesias Golmar (Lalín, Pontevedra)

Gandaría Semintensiva de Pequeno Tamaño

  • Ouro: José Manuel Barreiro Vázquez (Toques, A Coruña)
  • Prata: María Jesús Rego Broz (Vilalba, Lugo)

Gandaría Extensiva de Pequeno Tamaño

  • Ouro: Carmen Rial Barco (Boimorto, A Coruña)
  • Prata: Méndez, S. C. (Monforte de Lemos, Lugo)

Gandaría Intensiva de Mediano Tamaño

  • Ouro: Beatriz López Fernández (Cospeito, Lugo)
  • Prata: Teresa Fernández López (Sarria, Lugo)

Gandaría Semintensiva de Mediano Tamaño

  • Ouro: Pablo Soto Campello (Xermade, Lugo)
  • Prata: A Torna, T. C. (Ordes, A Coruña)

Gandaría Extensiva de Mediano Tamaño

  • Ouro: Tallón Lobato, S. C. (Vedra, A Coruña)
  • Prata: Casa Codesal, S. L. (Friol, Lugo)

Gandaría Intensiva de Gran Tamaño

  • Ouro: Casa Martiño, S. C. (Sarria, Lugo)
  • Prata: Gandaría Castiñeiras de Oa, S. C. (Trazo, A Coruña)

Gandaría Semintensiva de Gran Tamaño

  • Ouro: Ramón Vales Porto (Rodeiro, Pontevedra)
  • Prata: Queiroga, S. C. (O Páramo, Lugo)

Gandaría Extensiva de Gran Tamaño

  • Ouro: Gandaría Sinesio, S. C. (Curtis, A Coruña)
  • Prata: Pulleiro, S. C. (Trazo, A Coruña)

Gandaría Ecolóxica

  • Ouro: Casa Codesal, S. L. (Friol, Lugo)
  • Prata: Granxa Ecolóxica Figueroa, S. C. (Arzúa, A Coruña)

Durante a súa intervención, Gómez destacou que os gandeiros galegos son “garantes dunha parte moi importante da identidade de Galicia” e cualificou o sector leiteiro como “indispensable no económico, pero tamén na variable demográfica e social, para vertebrar e manter poboación no rural”. Ademais, subliñou a importancia destes galardóns para recoñecer o compromiso coa calidade e o benestar animal, así como para recompensar “a entrega e sacrificio” dos profesionais que fan do sector leiteiro galego un referente a nivel nacional e internacional.

A conselleira aproveitou a ocasión para reiterar o apoio da Xunta ao sector leiteiro, cualificado como estratéxico para o rural galego. Este respaldo materialízase en actuacións como a planificación mediante unha estratexia específica, a promoción do leite galego, a protección das explotacións, o fomento da formación e a remuda xeracional ou a mobilización de terras para garantir a viabilidade do sector no futuro.

CALIDADE E SUSTENTABILIDADE

Os Premios Exceleite avalían parámetros rigorosos como a redución de células somáticas no leite cru, un indicador clave da calidade hixiénico-sanitaria e do benestar animal nas explotacións. O obxectivo destes recoñecementos é incentivar a excelencia mediante boas prácticas que beneficien non só aos produtores, senón tamén ao conxunto do sector e aos consumidores.

O evento clausurouse cunha chamada ao recoñecemento do papel fundamental dos gandeiros e á necesidade de seguir traballando en equipo para afrontar os retos que o sector ten por diante, desde a innovación tecnolóxica ata a transición cara a modelos de produción máis sustentables e competitivos.