Rey 814 Beemer Yuri cuatripite como vaca gran campiona do rexional galego

Rey 814 Beemer Yuri cuatripite como vaca gran campiona do rexional galego

O Concurso Autonómico da Raza Frisona Fefriga 2024 xa ten vaca gran campiona. Rey 814 Beemer Yuri, un exemplar adulto propiedade da gandería Rey de Miñotelo (A Pastoriza, Lugo), foi a elixida polo xuíz Pol Collell como a participante máis destacada. Trátase do cuarto ano consecutivo que este exemplar se fai coa victoria no rexional galego.

Durante toda a fin de semana, Santa Comba (A Coruña) acolleu este certame no marco da súa feira sectorial que conta, así mesmo, con zona comercial no interior do recinto e con máis de 2.000 m² de exposición de maquinaria agrícola no exterior. Mañá, a feira continúa co certame de novos manexadores.