Panamá De L'Orangerie triunfa en Feiradeza e Rey 1217 Haxl Amar faise co gran campionato de xatas e xovencas

Panamá De L'Orangerie triunfa en Feiradeza e Rey 1217 Haxl Amar faise co gran campionato de xatas e xovencas

A vaca Panamá De L'Orangerie, propiedade de Finca la Asunción (Touro, A Coruña), foi escollida esta noite polo xuíz Julián Rodríguez como gran campiona na trixésimo novena edición do certamen da raza frisona de Feiradeza, o cal se celebrou ao longo do día de hoxe.

Así mesmo, Rey 1217 Haxl Amar, unha xovenca de Rey de Miñotelo (A Pastoriza), foi a sinalada como o mellor exemplar novo o fíxose co gran campionato de xatas e xovencas.