19 exemplares poxaranse mañá en Friol

19 exemplares poxaranse mañá en Friol

A localidade lucense de Friol celebra mañá a súa I Poxa de Gando Frisón. Organizada por Africor Lugo en colaboración co Concello, terá lugar no mercado gandeiro municipal a partir das 12:00 horas.

Un total de 19 cabezas de gando, 13 paridas e 6 xovencas próximas ao parto, poranse á venda. Para as persoas interesadas en comprar estes animais, cabe lembrar que ofrecen garantías sanitarias, proceden de ganderías próximas, teñen información xenealóxica completa, o transporte é gratuíto para as explotacións da provincia de Lugo e, ademais, haberá doses gratuítas por xentileza de Xenética Fontao.

Consulta a listaxe de animais