Moisés Vispalia e Juan José Pernas desvélannos nesta reportaxe, publicada no número 29 da revista Vaca Pinta, os piares nos que asentan a súa gandería, unha sociedade que apostou hai máis de dez anos polo muxido robotizado e que destaca pola súa alta produtividade.
Ambos os gandeiros apóianse nun amplo equipo asesor para mellorar cada día, aínda máis se cabe, o confort das súas vacas e a dixeribilidade das súas racións.