Desde hoxe está aberto o prazo de presentación de solicitudes de subvencións destinadas á obtención de avais da Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria (SAECA) por parte de titulares de explotacións agrarias ou empresas de servizos que garantan préstamos para financiar a adquisición de maquinaria agrícola. O orzamento da convocatoria, cuxas bases están publicadas no Boletín Oficial do Estado (BOE), é de 2 millóns de euros, financiados polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).
O obxectivo destas subvencións é promover a renovación do parque de maquinaria agrícola mediante a mellora do acceso ao crédito ligado á adquisición de maquinaria nova, contribuíndo así á redución os custos de produción, a mellora das condicións de seguridade no traballo e á incorporación das mellores prácticas agrarias desde o punto de vista ambiental.
As axudas concédense en réxime de concesión directa por rigorosa orde de presentación das solicitudes. O MAPA subvencionará o custo do aval por un importe de ata 100.000 euros durante os 10 primeiros anos do crédito avalado, coa posibilidade dun de carencia.