Aberto o prazo de inscrición para a décima edición do Máster Propio en Produción de Leite

Aberto o prazo de inscrición para a décima edición do Máster Propio en Produción de Leite

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) abriu o prazo de inscrición para o Máster en Produción de Leite, que se imparte no Campus Terra de Lugo. As clases desenvolveranse na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, na Facultade de Veterinaria, na Granxa Docente Gayoso Castro e no Laboratorio Interprofesional Galego de Análise de Leite (Ligal), en formato presencial, complementadas con prácticas en empresas do sector. Esta edición está patrocinada pola Deputación de Lugo, Abanca  e a empresa de suministros agrarios Progando. 

Para acceder ao máster, é necesario ter unha titulación universitaria relacionada co sector agrogandeiro ou ser estudante co Traballo Fin de Grao pendente e un máximo de 9 créditos ECTS por superar. Os alumnos realizarán 312,5 horas de prácticas en empresas como a Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, Ingacal, o Ligal ou Clun, entre outras. O máster ofrece 12 prazas e impartirase de setembro a xuño, con prácticas ata decembro de 2025 e a presentación dun traballo final. 

Ademais, a USC ofrece dous módulos formativos independentes como cursos de formación continua: un sobre alimentación na produción de leite e outro sobre economía das explotacións leiteiras, con tres prazas dispoñibles en cada un. O máster conta con 59 profesores, 18 da USC e 41 doutras institucións.

O prazo de matrícula abre o 8 de xullo e finalizará o día 22 do mesmo mes. O periodo de inscrición está aberto ata o 30 de xuño.