A Federación Frisona Galega, en colaboración co Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia, organiza a II Escola Iniciación de Futuros Gandeiros, que se celebrará na Finca Mouriscade, de Lalín, do 10 ao 14 de xullo e que está dirixida a rapazas e rapaces con idade comprendida entre os 8 e os 17 anos.
O número de prazas dispoñibles é limitado, un total de 30, e é necesaria reserva previa. O prazo de inscricións comeza este mércores, día 7 de xuño, e remata o 26 de xuño (non se admitirá ningunha inscrición fora dese prazo). O custo da matrícula é de 200 euros e inclúe comidas, aloxamento, documentación e material, seguro, expedición do título/diploma correspondente e gastos de organización.