Aberto o prazo de matrícula para o primeiro ciclo superior de FP Dual de asistencia gandeira do ensino público galego

Aberto o prazo de matrícula para o primeiro ciclo superior de FP Dual de asistencia gandeira do ensino público galego

Da colaboración entre o IES de Melide e CLUN, Cooperativas Lácteas Unidas, nace a modalidade dual do ciclo superior de FP de Gandería e Asistencia en Sanidade Animal, o primeiro destas características no enisno público da comunidade galega. O pasado venres presentouse no centro educativo, coa asistencia da secretaria xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez.

O prazo de matrícula para este novo ciclo xa está aberto, ata o próximo 5 de xullo. A cooperativa CLUN asume o compromiso de acoller ata a doce alumnos nas etapas de formación en prácticas en ganderías socias e tamén aportando coñecementos a través do seu equipo veterinario.

Pablo Costoya, secretario do Consello Reitor de CLUN, puxo de relevo que atopar man de obra estable e cualificada é xa a maior dificultade coa que se atopan as ganderías familiares de camiño á profesionalización. A cooperativa detecta que esta é a principal preocupación, xunto á necesidade de investimento en modernización e ampliación das instalacións. Para dar resposta a isto, CLUN busca a través da formación camiñar cara unha gandería galega cun maior tecido humanitario profesionalizado dispoñible.