A Federación Frisona Galega, en colaboración co Clube de Mozos Gandeiros de Galicia, prepara a III Escola Iniciación de Futuros Gandeiros, que terá lugar na Finca Mouriscade, de Lalín, do 1 ao 5 de setembro. A iniciativa está dirixida a mozas e mozos con idades comprendidas entre os 8 e os 17 anos.
O prazo de inscricións para as 30 prazas dispoñibles comezou o 31 de xullo e remata este xoves, día 3 de agosto. O custo da matrícula é de 200 euros e inclúe comidas, aloxamento, documentación e material, seguro, expedición do título/diploma correspondente e gastos de organización.