Acelera o teu progreso xenético con GENEadvance® de ABS

Esta nova plataforma de ABS Progenex combina toda a información dispoñible das granxas, a súa mostraxe xenómica, cos datos dos seus sementais para permitirlles aos gandeiros tomar decisións máis acertadas con base en probas e diagnósticos fiables.

En Vaca Pinta 34, Juan Cainzos, Senior Sales Manager de ABS para España, e Ricardo Pérez, técnico comercial de ABS na provincia da Coruña, desvélannos máis detalles de GENEadvance®. Tamén falamos con Jordi Almató, de El Riquer (Gurb, Barcelona), e con Manuel Candamio, de Finca Cabreira (Irixoa, A Coruña), dous gandeiros que o puxeron en marcha nas súas granxas.