Africor Lugo busca persoal

Africor Lugo busca persoal

A Asociación para o Control Leiteiro Africor Lugo, que presta servizo a 1.100 ganderías da provincia, necesita incorporar persoal ao seu equipo. O traballo consiste en visitar todos os meses as granxas e recoller mostras de leite e información relativa aos seus animais (altas, baixas, partos, produción, etc.).

Os requisitos son dispor de carné de conducir e de coche propio. Non se esixe unha titulación específica. Valorarase para este posto contar con coñecementos básicos da gandería de leite, o manexo de ferramentas informáticas (ofimática básica) e a dispoñibilidade horaria.

Os interesados poden enviar o seu currículo a info@africorlugo.com ou chamar ao 982 250 714.