Africor Lugo celebrará a súa primeira poxa en Friol o 12 de novembro

Africor Lugo celebrará a súa primeira poxa en Friol o 12 de novembro

Africor Lugo organiza, en colaboración co Concello de Friol, a súa primeira poxa de gando frisón nesta localidade lucense, que terá lugar o vindeiro 12 de novembro, a partir das 12:00 horas, no seu mercado gandeiro.

Neste tipo de poxas poden ofertar as súas frisonas os socios de Africor Lugo, xa sexan próximas ao parto ou paridas. Se vostede está interesado en ofertar animais non dúbide en contactar con Africor, onde se lle informará dos requistos e das condicións deste tipo de eventos.

Desde Africor Lugo destacan estas vantaxes:

  • Para os vendedores:
    • Poxas publicitadas
    • O venres van buscar o animal e o sábado cobrar a poxa, Africor encárgase de realizar as probas sanitarias, de pelar e de coidar os animais na feira
    • Valorización do traballo de selección, presentación dos datos xenealóxicos
    • Animais lavados e pelados para potenciar a súa morfoloxía
    • Concentración de compradores
    • Publicidade para a gandería
  • Para os compradores:
    • Concentración da oferta
    • Garantías sanitarias
    • Animais procedentes de explotacións cercanas
    • Información xenealóxica completa
    • Transporte gratuíto para as ganderías da provincia de Lugo
    • Doses gratuítas por xentileza de Xenética Fontao

Máis información