Africor Lugo fai pública a súa memoria de actividades de 2021

Un ano máis, ve a luz esta publicación da Asociación Provincial de Criadores de Frisón de Lugo Africor Lugo, na cal, a través dos seus 21 capítulos habituais e 142 páxinas, se recolle o traballo desenvolvido por esta asociación e saliéntanse os méritos das principais granxas da provincia no seu labor como criadores e produtores de leite.

Esta edición, ademais, ofrece unha novidade, pois dende o pasado ano estanse a levar a cabo análises de ácidos graxos en todas as mostras do leite, o que axudará na xestión das explotacións.

A versión en formato dixital xa se pode consultar nesta ligazón.