Africor Lugo premia as mellores ganderías da provincia en 2022

Africor Lugo premia as mellores ganderías da provincia en 2022

A Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos, Africor Lugo, xa publicou o listado de premiados ás mellores ganderías da provincia neste 2022. Con esta iniciativa buscan recoñecer as ganderías que alcanzaron uns valores destacados, sendo estas mostra do potencial da raza frisona. Dende a asociación indican que aínda que cada granxa busca a súa máxima rendibilidade, hai que resaltar que para conseguir os xa mencionados valores destacados, é vital unha calidade xenética dos animais e un manexo sobresaínte. 

Para estar no grupo das mellores ganderías é necesario situarse entre as mellores cen por cualificación morfolóxica, produción e índices xenéticos. Tendo isto en conta, as tres mellores da provincia lucense neste ano foron Casa do Rego (Láncara), Xusto (Castro de Rei) e Lodos y Pérez (A Pastoriza), respectivamente.

Cabe destacar tamén que Rodasinde (O Saviñao) conseguiu o galardón de maior produción media de leite por vaca, con 15.835 kg de leche. O premio a maior media de cualificación morfolóxica levouno Baixo Holstein (Sarria), cun total de 89,92 puntos. Finalmente, a gandería de maior media de puntuación por índices xenéticos, cun ICO de 3.367, foi para Agosto Darriba (A Pastoriza).

Os galardóns serán entregados o próximo martes 27 de xuño, coincidindo coa Asemblea xeral da asociación.