Africor Lugo acaba de facer públicos os seus recoñecementos ás mellores ganderías da provincia no ano 2020.
Rodasinde, do Saviñao, logrou ser a mellor por produción media por vaca, con 15.355 kg de leite; Baixo Holstein, de Sarria, conseguiu obter a mellor cualificación media, con 89,20 puntos; Tío Andrés, de Sarria, a mellor por índices xenéticos, cunha media ICO de 3.145, e Casa do Rego, de Láncara, a mellor gandería entre as primeiras cen por cada un dos caracteres considerados.
O vindeiro 23 de xuño, coincidindo coa Asemblea Xeral da Asociación, farase entrega dos galardóns ás mellores ganderías da provincia de Lugo.