Africor Lugo presenta no Concello de Friol o cartel da I Poxa de Gando Frisón da localidade

Africor Lugo presenta no Concello de Friol o cartel da I Poxa de Gando Frisón da localidade

Africor Lugo presentou esta mañá no Concello de Friol o cartel da que será a primeira poxa de gando frisón da localidade, a cal terá lugar o 12 de novembro, a partir das 12:00 horas, no seu mercado gandeiro. No acto estiveron presentes o presidente de Africor Lugo, Manuel Sandamil; o alcalde de Friol, José Ángel Santos, e outros representantes de o equipo de goberno e de a asociación.

Espérase que ao evento acuda un alto número de asistentes, tanto gandeiros interesados na venda e compra de exemplares, como outras persoas relacionadas co sector que aproveitarán a xornada para reunirse e ver o nivel das reses sacadas a pista. 

Neste tipo de poxas poden ofertar as súas frisonas os socios de Africor Lugo, xa sexan próximas ao parto ou paridas. Se vostede está interesado en ofertar animais non dubide en contactar con Africor, onde se lle informará dos requistos e das condicións deste tipo de eventos.