Fin de semana de poxas de vacún frisón na comunidade galega: Chantada (Lugo) e Ordes (A Coruña) acollerán o sábado e o domingo, respectivamente, as súas tradicionais poxas de gando leiteiro.
Por unha banda, o mercado gandeiro de Chantada acollerá este sábado, 11 de marzo, unha poxa organizada por Africor Lugo, en colaboración co Concello de Chantada e a cooperativa Aira. A partir das 12:00 h poñeranse á venda un total de 13 vacas paridas e 5 xovencas próximas ao parto. Así mesmo, por cortesía de Xenética Fontao, os compradores recibirán tres dose de Gigantic e tres de Gabrielle por cada animal adquirido.
Por outra parte, o domingo 12 de marzo terá lugar no recinto feiral de O Mesón do Vento (Ordes) a cuarta edición da Poxa de Gando Frisón organizada pola Asociación de Control Leiteiro Africor Coruña, en colaboración co Concello de Ordes. Nesta nova convocatoria, cuxa finalidade é comercializar exemplares nacidos e criados en explotacións gandeiras de Control Leiteiro da provincia, participan un total de 6 ganderías e 11 lotes de animais.