Africor Pontevedra celebra este venres en Finca Mouriscade a súa xornada técnica

Africor Pontevedra celebra este venres en Finca Mouriscade a súa xornada técnica

Finca Mouriscade (Lalín) acollerá este venres 17 de marzo unha nova edición da xornada técnica de Africor Pontevedra. As charlas comezarán ás 11:00 horas, tras a inauguración a cargo de María del Carmen Silvia, presidenta da deputación de Pontevedra.

O responsable do Departamento de Morfoloxía de Conafe, Santiago Mato, será o primeiro en intervir e ofrecerá unha coferencia sobre a influencia da morfoloxía na produción, a lonxevidade e a rendibilidade das ganderías. A continuación, José Antonio Jiménez, do Departamento Técnico de Conafe, abordará as novidades no programa de cría da raza frsiona.

Tras a pausa para o café, a veterinaria técnica de recría de BPA Galicia Carmen Iglesias enunciará as claves para lograr unha recría de elite e, tras ela, o profesor da Facultade de Veterinaria de Lugo e coordinador do Cegacol, Ramiro Fouz, aludirá na súa intervención á posta en valor dos datos de control leiteiro. O último orador en tomar a palabra será Héctor Martínez, xefe da Sección de Gandaría de Leira Mouriscade, quen presentará a páxina web deste centro.

Logo da clausura, que fará o presidente de Africor Pontevedra, Jesús Manteiga, haberá unha comida para todos os asistentes. 

O aforo é limitado, polo que os interesados deberán anotarse de maneira gratuíta chamando a o 986 580 462.