O próximo venres 28 de marzo, Finca Mouriscade (Lalín, Pontevedra) acollerá, en sesión matinal, a xornada técnica de Africor Pontevedra. Para asistir é necesario inscribirse no seguinte teléfono de contacto: 986 580 462.
O evento será inaugurado por Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra, ás 10:45 h. Tras unha pausa para o café, falará Ángel Miranda, director da Divisón Agrogandeira de Clun, que impartirá unha charla centrada na importancia dun bo ensilado tanto de herba como de millo.
As 12:00 h será a quenda de Juan José Núñez, KAM Postventa de SenseHub, que explicará os usos prácticos da identificación electrónica na granxa.
A continuación, Ramiro Fouz, profesor da facultade de Veterinaria de Lugo e coordinador de Cegacol, exporá a súa ponencia titulada 'Canto debe durar unha vaca?'
Jesús Manteiga, presidente de Africor Pontevedra, será o encargado de pechar o acto ao redor das 14:00 h, xusto antes da comida.