O hotel Convento I de Coreses (Zamora) acollerá o XXIV Encontro Provincial de Gandeiros de Raza Frisona o próximo venres 23 de xuño.
A xornada, organizada por Afriza, dará inicio coa presentación ás 11:30 horas. A continuación, ás 12:00 horas, comezará o primeiro relatorio da man de Rogelio Grille, veterinario de Seragro, que se centrará nas diferentes estratexias de alimentación e manexo na etapa de recría. Posteriormente, será a quenda do investigador do Instituto Gandeiro de Montaña (IGM-CSIC), Francisco Javier Giráldez, coa súa charla "Produción de ruminantes, impacto ambiental, competencia polos recursos e saúde dos consumidores: Ciencia vs Opinión". Xusto despois, chegará o momento do coloquio e rolda de preguntas. O encontro finalizará coa comida e a entrega de premios ás mellores ganderías e reprodutores da provincia durante 2022.