Agromuralla alerta da complexidade da nova PAC e do risco de perda de ingresos nas explotacións

Agromuralla alerta da complexidade da nova PAC e do risco de perda de ingresos nas explotacións

A asociación de gandeiras e gandeiros Agromuralla teme que a entrada en vigor da nova Política Agraria Común (PAC) para o período 2023-2027 supoña "unha perda de ingresos para as explotacións leiteiras". Explican que, para cobrar o mesmo, as ganderías van a ter que facer moito máis do que se facía previamente. Ademais, a asociación alerta da "enorme complexidade" das axudas no proceso de solicitude e xustificación.

Precisamente, faltan só tres semanas para que se abra o prazo de solicitude da convocatoria deste ano, que será o vindeiro 1 de marzo, e aínda non foi aprobada a normativa autonómica que ten que regular a aplicación da Política Agraria Común en Galicia para o novo período, polo que Agromuralla acusa á Xunta de "ir tarde e a remolque", xerando "dúbidas, confusión e incertidume no sector".

A PAC 2023-2027 trae tamén aparellado o cumprimento de novas normativas en materia medioambiental, de benestar animal e dixitalización, como por exemplo os reais decretos aprobados a finais do pasado mes de decembro de Nutrición Sostible de Chans Agrícolas, o de Ordenación de Granxas de Vacún ou o do Caderno de Explotación Dixital. Agromuralla considera que estas novas normativas "non son realistas".