Agromuralla celebra o Día Mundial do Leite cun acto informativo en Lugo sobre os beneficios que aporta o sector agrogandeiro

Agromuralla celebra o Día Mundial do Leite cun acto informativo en Lugo sobre os beneficios que aporta o sector agrogandeiro

A asociación Agromuralla, formada por gandeiros e gandeiras das provincias da Coruña e Lugo, conmemora hoxe o Día Mundial do Leite cun acto informativo na cidade de Lugo, no que os cidadáns poden descubrir que hai detrás dun vaso de leite.

Con este obxectivo, os membros da asociación colocaron un stand informativo na praza Horta do Seminario, que pode visitarse ata as 8 da tarde. Os que se acheguen terán a posibilidade de sentirse "gandeiro por un día" muxindo unha vaca e levando para a súa casa "un saboroso agasallo", tal e como declaran desde a asociación.

Na mesa informativa o consumidor pode recibir información sobre as características nutricionais do leite, fonte de calcio, vitaminas e minerais e un dos produtos máis completos na dieta humana.

"Queremos achegar o noso traballo ao consumidor e concienciar ao público máis urbano dos beneficios sociais e ambientais que aporta o sector agrogandeiro para o mantemento da poboación e a pasaixe das zonas rurais", explican dende Agromuralla.